As instalacións da piscina da Pobra reabriranse no 7 de marzo

04 Marzo 2022

A partir da vindeira semana as instalacións da piscina da Pobra do Caramiñal volverán estar abertas
ao público. A concelleira dos Deportes, Genoveva Hermo (Nós Pobra), informou que os sete primeiros días de funcionamento serán gratuítos para as persoas que estaban inscritas antes do seu peche, polo que só terán que pagar a parte proporcional do que resta de mes, no cal se ofrecerán actividades soltas e xa en abril se recuperará a normalidade do servizo. As novas matrículas poderán efectuarse a partir do 21 de marzo.
Doutra banda, o alcalde, Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra), explicou que houbo momentos nos que o peche desta instalación deportiva era obrigatorio debido á COVID-19 e, cando se puido volver a abrir, era inviable economicamente pois, pola ratio estipulada, a inversión en socorristas e monitorado superaba os ingresos. O rexedor tamén indicou que para o goberno municipal o axeitado era abrir entre os meses de agosto e setembro do 2021, pero a empresa concesionaria presentou unha solicitude de reequilibrio económico e indemnización, polo que, a necesidade de realización dun estudo ao respecto e a duración deste tipo de trámites, motivou que a reapertura se demorase ata o presente mes.
Así mesmo, anunciaron que se estudará a viabilidade para a súa municipalización e a dotación de novo equipamento, así como mellora da dependencia.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“El Rey legitimó la Corona”. José Castro López

“El Rey legitimó la Corona”. José Castro López

El Gobierno dio un paso significativo desclasificando documentos del fallido golpe de Estado del 23 de febrero de 1981. Aquel día, con la irrupción de Antonio Tejero en el Congreso, la incertidumbre paralizó al país y la joven democracia española vivió su momento más...

“Catálogo de estrellas”. Mario Clavell

“Catálogo de estrellas”. Mario Clavell

Hace tres semanas fue publicado el muy simpar catálogo REGALADE que enumera y da distancias y medidas de ochenta millones de galaxias en el cosmos observable. Distan hasta seis mil millones de años luz, y permite que los astrónomos identifiquen muchas más galaxias y...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.