As entradas para ver “A lingua das Bolboretas” no Coliseo Noela xa están á venda

03 Marzo 2022

O Concello de Noia, a través da área de Cultura, vén de informar de que xa están dispoñíbeis no servizo ataquilla.com as entradas para a función teatral A lingua das bolboretas, que se celebra o vindeiro sábado 12 de marzo no Coliseo Noela, da man da compañía Sarabela Teatro e baixo a dirección de Conçalo Guerreiro. As entradas tamén se poderán mercar o día da función a partir das 19:30 a 20:15 horas no portelo do teatro noiés.

O espectáculo de Sarabela Teatro está baseado no relato homónimo do escritor galego Manuel Rivas, incluído en Que me queres amor? (Galaxia). Nel, cóntase a historia de don Gregorio, mestre republicano que mantén unha estreita relación de coñecemento e liberdade cos seus alumnos, especialmente con Pardal, un rapaz que é testemuña directa, a través do seus ollos inocentes, das terríbeis consecuencias que tivo a Guerra Civil para milleiros de persoas que non compartían a ideoloxía do alzamento nacional e que, como o mestre, convertéronse nas primeiras vítimas directas da fin da liberdade.

Nesta proposta teatral a compañía combinará dous dos escritos de Manuel Rivas (A lingua das bolboretas e A Traxectoria do Balón) co “propósito de que a mensaxe chegue nidia ao tempo que se xoga coas imaxes e coa poética que nos leva a un espectáculo punteiro dentro da nosa historia escénica”.

Desde a chegada ao novo milenio, será esta a cuarta colaboración da Compañía co autor: O lapis do carpinteiro (2000), O heroe (2005) e Os libros arden mal (2007) foron as anteriores. Se con O Heroe celebráronse os 25 anos da Compañía, con A lingua das bolboretas conmemorarase o 40 aniversario de Sarabela.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.