Amicos comezou os traballos para reforestar 10 hectáreas de Leiro (Rianxo) arrasadas en 2019 polo lume

18 Marzo 2022

A Asociación Amicos comezou este venres 18 de marzo os traballos para reforestar 10 hectáreas da parroquia de Leiro, en Rianxo, afectadas recentemente pola destrución dos incendios forestais. Un dos obxectivos principais é poñer en valor a contorna das Mámoas do Campiño e recuperar o terreo danado no gran lume do 25 e 26 de marzo de 2019, que arrasou Dodro e Rianxo, como explicou Adolfo Muíños Sánchez, alcalde de Rianxo, quen salientou “a necesidade deste tipo de accións que, ademais serven para crear zonas de apagalumes” e cualificou a acción de “exemplar polo enorme potencial do terreo debido aos xacementos arqueolóxicos que alí se atopan”.

A actividade encadrouse nas celebracións do Día Internacional dos Bosques, o próximo luns, 21 de marzo. Santiago Barros Fernández, xefe de Servizo de Montes de A Coruña destacou a importancia da “integración laboral” e de “salientar os valores forestais”, pois “os bosques son un recurso moi importante para Galicia” e “sempre é un pracer contar coa axuda das Ecobrigadas de Amicos”.

Ánxela Miguéns, presidenta da CMVMC de Leiro, agradeceu a Amicos por “levar a cabo accións como a de hoxe”, que “ademais ten unha función social e educativa”, pois os alumnos e alumnas do IES Félix Muriel de Rianxo foron os encargados, xunto coa Ecobrigada de Amicos de levar a cabo a reforestación.

Esta acción forma parte do proxecto Amicos ZeroCO2 co que a asociación axuda a restablecer a masa forestal dos terreos para empregar o CO2 que absorben as árbores plantadas para compensar as emisións dos vehículos de Amicos, necesarios para os desprazamentos das persoas con discapacidade as súas casas.

Aitor Fandiño, alumno do FP Dual e traballador da Ecobrigada, explicou como se levou a cabo a reforestación, pois a Ecobrigada preparou o terreo dende primeira hora da mañá, para que o escolares puideran plantar os árbores de forma máis sinxela, pois “é moi importante plántalos ben para que salgan adiante”.

Grazas a este traballo de reforestación, Amicos absorberá aproximadamente en 30 anos, 4.800 toneladas de Co2. Amais, estímase que o consumo de combustíbel en 30 anos sexa de 3.500 toneladas de Co2. Polo tanto, como explicou Pilar Sampedro, responsábel da Atención Integral de Amicos “con estas actividades, compensamos o 137% das nosas emisións derivadas do transporte de usuarios as súas casas e axudamos a paliar a pegada de carbono”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.