Ambar comeza a súa formación sobre comercio

02 Marzo 2022

Este mércores 2 de marzo comezou no centro de recursos da Asociación Ambar (con sede en Frións, Ribeira) a formación Actividades auxiliares de comercio e entrega e recollida a domicilio. Esta actividade, destinada a persoas con diversidade funcional, busca mellorar a súa empregabilidade aumentando a súa contratación.

A presentación foi encabezada por Milagros Rey, presidenta de Ambar; Ángeles Sampedro, técnica de emprego inclusivo da asociación; Daniel Tojo, orientador laboral de Ambar; e Raquel Riveiro, docente da formación.

Esta formación totalmente gratuíta céntrase en crear un perfil polivalente na área de comercio e está destinada á ocupación de repoñedoras, repartidoras e auxiliares de comercio. Conta cunha fase teoría e outra práctica en empresa.

Esta formación é financiada pola Fundación Once concedida na Convocatoria de Axudas económicas a proxecto de Reforzo da Empregabilidade de Persoas con Discapacidade Uno a Uno do 2021 e enmárcase no Programa de Emprego Operativo de Inclusión Social e Economía Social POISES 2014-2020 co-financiado polo Fondo Social Europeo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.