Ambar activa o seu programa de emprego para mulleres

22 Marzo 2022

A Asociación Ambar das persoas con diversidade funcional puxo en marcha unha ambiciosa iniciativa para derrubar os muros de exclusión laboral que afectan á poboación feminina na nosa comarca, unha realidade que se agrava cando falamos dos colectivos de persoas que representa Ambar. O Programa de Emprego para Mulleres da asociación con sede en Ribeira ten o obxectivo de mellorar a igualdade de oportunidades a mulleres en situación de especial vulnerabilidade, “para dotalas dunha maior autonomía e independencia e coa finalidade de mellorar a súa situación persoal, social e laboral”.

O programa está dirixido ás mulleres que cumpran algunha das seguintes características: ter diversidade funcional, ter trastorno mental, estar en situación de inactividade ou desemprego de longa duración, non posuír titulación ou ter baixa cualificación, ser desempregadas menores de 30 anos, ser desempregadas maiores de 45 anos e residir en concellos rurais de zonas pouco poboadas de baixa densidade.

Ás participantes realizaráselle unha análise sociolaboral a partir dunha entrevista persoal e posteriores sesións individualizadas, nas que se definirán as necesidades de cada persoa e marcarase unha estratexia personalizada para que cada muller poida acadar os seus obxectivos. En base a isto, sinala Ambar, levaranse a cabo sesións grupais que contemplan as seguintes materias:

-Formacións en competencias transversais como a mellora das habilidades comunicativas e sociais, e a creación dunha imaxe dixital profesional.

-Formación para o emprego, actualización do currículo, información e asesoramento sobre técnicas de busca de emprego, emprendemento, consellos para afrontar as entrevistas de traballo e outros recursos.

-Prospección empresarial, xestión de ofertas laborais, candidaturas e xornadas e obradoiros con persoas convidadas.

Apoio de Igualdade e dos Concellos de Ribeira e o Son

Este programa é posíbel grazas ao financiamento da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta e enmárcase na subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade, e a colaboración dos Concellos de Ribeira e Porto do Son pola cesión dos espazos para levalo a cabo.

Como inscribirse no programa

As mulleres que desexen participar poden concertar unha entrevista chamando ao Centro de Recursos de Ambar en Frións (981 87 44 80/673 879 034) ou cubrindo o formulario específico na web de Ambar. As entrevistas xa comezaron e as xornadas formativas desenvolveranse dende abril ata o 31 de xullo deste ano. As sesións realizaranse nas oficinas coas que conta a Asociación Ambar no Viveiro de Empresas de Ribeira e de Porto do Son.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.