A Xunta publica no DOG o cambio de titularidade a prol do concello de Rois dunha superficie adxacente á AC-301

09 Marzo 2022

A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a transferencia a prol do Concello de Rois dunha superficie de 4.107,78 m2 da zona de dominio público adxacente ao treito da estrada AC-301, na súa marxe dereita, entre os puntos quilométricos 1+450 e 1+560.

No seguinte enlace ao DOG pódese ampliar a información relativa a esta transferencia, aprobada na reunión do Consello da Xunta do pasado día 24 de febreiro: https://bit.ly/374L4wI

O Concello de Rois solicitou á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade a transferencia de titularidade do citado terreo nesta estrada AC-301, que comunica Padrón e Augasantas.

A petición recibe os informes preceptivos da Axencia Galega de Infraestruturas, confirmando a non afectación da franxa de terreo solicitada á explanada do tronco da estrada autonómica AC-301, que seguirá sendo de titularidade autonómica.

Esta transferencia tramítase de acordo co previsto na Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, que estable a súa aprobación por decreto da Xunta, a proposta da Consellería competente en materia de estradas, e logo do acordo entre as administracións implicadas.

Co cambio de titularidade o Concello de Rois terá a competencia para actuar na franxa de dominio público adxacente ao citado treito da AC-301 e asume a responsabilidade da súa conservación e mantemento.

O decreto ten efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, polo tanto, desde mañá.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Ser optimista, estar pesimista”. José Antonio Constenla

“Ser optimista, estar pesimista”. José Antonio Constenla

En español usamos dos verbos (ser y estar) para expresar lo que otraslenguas, como el inglés, concentran en uno solo (to be). No es una diferenciamenor ya que nos permite distinguir entre lo permanente y lo circunstancial,entre lo que somos y lo que simplemente nos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.