A Xunta concedeu 16 axudas agrícolas o ano pasado na comarca do Barbanza

03 Marzo 2022

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou na mañá deste 3 de marzo a Gandaría Caramuxeiro, en Mazaricos, unha das beneficiarias o ano pasado polo conxunto de axudas que puxo a Xunta a disposición do sector agrícola co obxectivo de impulsar a eficiencia enerxética e tamén o uso das enerxías renovábeis nas explotacións agropecuarias galegas. Segundo dixo Trenor, os apoios permitiron que 16 granxas da comarca do Barbanza recibiran no 2021 máis de 105.000 euros para actuacións que mobilizaron máis de 210.000 euros. En Mazaricos contaron con estas achegas 12 granxas por un importe total de máis de 84.800 euros.

Concretamente, a explotación Caramuxeiro contou cunha axuda de máis de 6.700 euros para un investimento de máis de 13.400 euros co que levou a cabo unha actuación de instalación fotovoltaica de autoconsumo consistente na colocación de 36 paneis fotovoltaicos.

O delegado da Xunta informou que a convocatoria do ano pasado contou cunha ampliación ata os 3,7M€ co obxectivo de atender un maior número de solicitudes. Esta ampliación permitiu apoiar un total de 420 proxectos en toda Galicia. En concreto destaca a fotovoltaica con 386 iniciativas, seguido da biomasa con 10 proxectos, sete actuacións de minieólica, tres bombas de calor xeotérmicas e outras tres de aerotermia, ademais de 11 proxectos de aforro e eficiencia enerxética.

A novidade da convocatoria do 2021, dixo, “foi a de fomentar as axudas en explotacións agrarias que carecesen delas e nas situadas en zonas economicamente menos favorecidas, para o que se tiveron en conta os datos do IGE da renda dispoñible bruta por habitante dos concellos galegos”.

Respecto das restantes liñas de apoios, Trenor informou que neste momento o sector agrícola tamén ten aberta outra convocatoria, ata o 31 de decembro, para optimizar as súas instalacións, concretamente trátase dunha orde de concorrencia non competitiva que conta cun orzamento de 1,67 M€ procedentes do Fondo Nacional de Eficiencia Enerxética e está destinada ao apoio dunhas 60 actuacións realizadas en explotacións agropecuarias, baseadas na implantación de tecnoloxía eficiente para reducir o consumo inicial en polo menos un 10%.

Entran dentro desta liña as instalacións de regadío e tamén as explotacións. A axuda máxima por proxecto será dun millón de euros.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...