A RAG homenaxea este xoves o ribeirense Xosé Ramón Barreiro Fernández, no seu primeiro cabodano

16 Marzo 2022

A Real Academia Galega renderalle homenaxe a Xosé Ramón Barreiro Fernández este xoves 17 de marzo, cadrando co primeiro cabodano do historiador, presidente da institución durante case unha década (2001-2009). O acto reunirá a compañeiros e discípulos do académico e rematará cunha actuación musical da violenchelista Margarida Mariño. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala. O acto poderá seguirse en directo dende academia.gal e a canle de Youtube da institución.

A RAG organiza a homenaxe coa colaboración do Concello da Coruña, a cidade onde Xosé Ramón Barreiro viviu dende os ano 80 do século pasado. Na apertura institucional participarán ademais a Universidade de  Santiago de Compostela, onde o profesor foi catedrático de Historia Contemporánea de Galicia; e o Consello da Cultura Galega, de cuxo plenario formou parte como persoeiro de prestixio durante tres décadas.

O académico e tamén historiador Ramón Villares será o encargado de trazar o perfil biográfico do profesor Barreiro, compañeiro do Departamento de Historia Contemporánea da USC. Deseguido, profundarán no destacado legado intelectual que deixou na súa obra o académico Pegerto Saavedra, Xosé Ramón Rodríguez Lago, Ana Romero Masiá e Emilio Grandío Seoane.

Xosé Ramón Barreiro Fernández (Ribeira, 1936 – A Coruña, 2021) é un referente do estudo da historia da vida política, cultural e institucional de Galicia, e deixou tamén unha gran pegada como profesor e xestor cultural. A súa presidencia da Real Academia Galega foi un período de renovación marcado polo comezo dos traballos de dixitalización dos fondos, a redacción dos novos estatutos e a celebración do centenario da entidade, así como a revisión dos acordos normativos da lingua galega. Abriu ademais, como director da Casa-Museo Emilia Pardo Bazán, unha liña de investigación e divulgación da figura da escritora coruñesa, creou a revista de estudos pardobazanianos La Tribuna e promoveu a celebración de varios congresos sobre a autora. 

Historiador vocacional e erudito, a súa obra abrangue temas moi diversos, entre os que destacan especialmente as súas investigacións sobre a historia da Galicia do século XIX, dende a vida política e institucional ata as biografías de figuras senlleiras. Entre elas cómpre salientar a que escribiu do primeiro presidente da RAG, Manuel Murguía, que lle valeu o Premio da Crítica na categoría de Investigación de 2013.

Biografía de Xosé Ramón Barreiro en academia.gal

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...