A peza teatral “Socorro” recala na Pobra no 27 de marzo

21 Marzo 2022

O Grupo de Teatro A Pombiña culminará o ciclo de teatro afeccionado que se desenvolve no Teatro Cine Elma da Pobra do Caramiñal. Farao este mes de marzo coa peza Socorro. Será no día 27, ás 19.00 horas.

A obra transcorre nun pequeno hostal de Madrid durante o confinamento pola COVID-19 e, debido a que durante certo tempo os clientes e os donos do hostal quedan recluídos no inmoble, prodúcense unha serie de enfrontamentos entre todos.

A entrada é de balde e as persoas interesadas en asistir de público poden efectuar a súa reserva na casa da cultura e xuventude Raquel Fernández Soler ou a través do teléfono de contacto 981 831 545.

Organiza a Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.