A Olimpíada Informática Galega celébrase este venres con dezasete estudantes de nove localidades (incluída Noia)

10 Marzo 2022

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), en colaboración coas tres universidades galegas (UDC, USC e UVigo) e do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e a Comunicación (CITIC), organiza este venres 11 de marzo a Olimpíada Informática Galega 2022 (OIG 2022). Trátase dun evento presencial que se desenvolve de maneira simultánea en tres sedes: A Coruña, Ourense e Santiago (Facultade de Informática da UDC, Escola Superior de Enxeñaría en Informática da UVigo e a Escola Técnica Superior de Enxeñaría da USC).

A proba será en horario de tarde, de 17:00 a 20:00 horas, aínda que os participantes deberán estar na sede escollida ás 16:00 horas. A axenda do certame é a seguinte:

-16:00 h_ Recepción de estudantes en cada sede e acceso ás aulas.

-16:15 h_ Benvida telemática por parte do comité organizador, co presidente do CPEIG, Fernando Suárez; a vicepresidenta do CPEIG, Susana Ladra; e o responsable da Olimpiada Informática Española, Marco Antonio Gómez Martín; e presentación da Olimpíada.

-16:45 h_ Entrega de credenciais de usuario/a e conexión á contorna de desenvolvemento da proba.

-17:00 h_ Inicio da proba.

-20:00 h_ Fin da proba.

-20:15 h_ Conexión telemática entre as sedes para coñecer a resolución do xurado e acto de clausura que estará presidido pola vicepresidenta do CPEIG, Susana Ladra.

O CPEIG lembra que na competición inscribíronse un total de 17 estudantes (13 rapaces e 4 rapazas) de Secundaria (ESO), Bacharelato e Formación Profesional de grao medio de toda Galicia, procedentes das cidades da Coruña, Ourense, Santiago e Vigo, pero tamén hai participantes de localidades como A Estrada, Culleredo, Noia, O Barco de Valdeorras e O Porriño. Os estudantes proceden de 11 centros da comunidade galega.

A fase internacional celebrarase en Indonesia o vindeiro mes de agosto

O CPEIG explica que o certame galego consta de seis problemas que se deberán realizar nun prazo de tres horas. Cada problema deberá resolverse mediante unha linguaxe de programación que permita automatizar a súa resolución. Permítese o uso de C++, Python ou Java. Cada problema describirá un escenario no que se pretende que un programa informático axude dalgunha maneira. Os problemas da olimpíada céntranse no deseño correcto e eficiente de algoritmos.

Os dous primeiros postos na clasificación da OIG 2022 accederán de xeito directo á fase nacional da XXVI Olimpíada Informática Española (OIE), que se celebrará os días 2 e 3 de abril en Madrid. De aí, os gañadores poderán acceder á 34ª Olimpíada Internacional de Informática, que se celebrará do 7 ao 14 de agosto de 2022 en Indonesia.

A OIG 2022 está patrocinada por diversas entidades e empresas do sector TIC: Abanca, Apser, Atos, AWS, Bahía Software, Clúster TIC Galicia, Councilbox, Duacode, DXC Technology, Extreme Networks, Google Cloud, Grupo Tesalia–Emetel, Minsait (Indra), NetApp, Plexus e Sixtema. Grazas a estas entidades patrocinadoras, haberá premios adicionais para os seguintes postos na clasificación, ademais de para a mellor programadora feminina e para a/o mellor participante da ESO. Con posterioridade ao 11 de marzo, celebrarase un acto de entrega de premios.

Outros artigos

ButacaZero inicia en Muros a xira galega de “A velada de Londres”

A velada de Londres, a nova produción da plataforma creativa ButacaZero, inicia esta fin de semana a súa xira por auditorios e salas de Galicia. Muros, As Pontes, Vigo, Foz, Noia e Cee serán as escalas dunha montaxe que rende tributo á figura e legado do dramaturgo,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

Despunta el otoño sobre la ría de Arousa con una claridad de plata vieja y salitre, mudando los pinares de la isla de A Toxa en un mirador de sosiego donde la Galicia más atlántica y liberal renueva su vocación de encuentro. En este umbral de octubre, cuando la brisa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.