A Marea Cidadá de Noia solicita ao goberno a construcción dun Centro de Día

14 Marzo 2022

Dende o grupo municipal da Marea Cidadá de Noia vense de tramitar unha solicitude á
Alcaldía, na que se pide ao rexedor noiés que solicite a Construcción dun Centro de Día
ao considerar que se cumplen todos os requisitos solicitados no Plan de Recuperación,
Transformación e Resiliencia.

Este Plan, sinalan dende a formación local, está acordado pola FEMP e pola Xunta de
Galicia e da preferencia aos concellos con menos de 20.000 habitantes, como é o caso do
Concello de Noia. Dotado con 18,5 millóns de euros, ten entre os seus obxectivos dotar
aos Concellos pequenos e medianos de residencias, Centros de Día, vivendas
comunitarias ou centros sociais.

Dende a Marea sinalan que Noia continúa sen Centro de Día a pesar de existir unha
demanda continuada ao longo do tempo, e afirman que os veciños e veciñas de Noia son
plenamente conscientes da súa necesidade e que non entenden como dende o goberno
se mira cara o outro lado.

Por este motivo, dende o grupo municipal da Marea Cidadá de Noia solicitaron ao
goberno do PP e do NOIA que tramiten a solicitude para a construcción do Centro de Día
ca maior brevidade, e poñan así fin a un dos grandes problemas que ten a poboación
noiesa.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...