Xuventude e Política Lingüística activan en Noia a 11ª edición de Lingua de namorar

15 Febreiro 2022

A directora xeral Xuventude, Cristina Pichel, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentaron este 15 de febreiro unha nova edición do certame Lingua de namorar, concurso de declaracións de amor en galego para dinamizar o seu uso entre a mocidade, nas súas relacións persoais e en Internet. Os detalles da nova convocatoria foron dados a coñecer no Espazo Xove de Noia. Trátase da 11ª edición deste concurso cuxo inicio coincide, moi significativamente, ca celebración de San Valentín.

Segundo fixeron saber Pichel e García, acompañados polo alcalde noiés Santiago Freire, o certame está dividido en tres categorías, dúas delas para web e unha exclusiva para Instagram. As mensaxes presentadas en todas as modalidades deberán estar escritas en lingua galega e poderanse redactar en prosa ou en verso.

Categorías web

En dúas das categorías particípase a través da web de Xuventude. Unha delas é para mozos e mozas de entre 14 e 19 anos e outra para idades entre 20 e 35 anos, ambas teñen de prazo de presentación de mensaxes ata o 18 de marzo. Nestas modalidades pódense presentar dúas propostas, aínda que non deben superar os 350 caracteres cada unha.

Para participar, só cómpre cubrir e enviar este formulario. As mensaxes que participen nestas modalidades publicaranse na páxina do concurso. Así mesmo, os mellores textos serán galardoados. Entregaranse tres premios por cada unha destas categorías. Os primeiros levaranse un patinete eléctrico, os segundos un tocadiscos retro e os terceiros un reloxo intelixente.

Categoría Instagram

A terceira modalidade de Lingua de namorar, estreada o ano pasado, realízase a través de Instagram. Está destinada a rapazas e rapaces de 14 a 35 anos e os interesados poden enviar mensaxes ata o 18 de marzo e deben ser seguidores das contas @xuventudegalicia e @linguagalega.

As mensaxes, que non poden superar os 200 caracteres publicaranse directamente na imaxe habilitada para o concurso #LinguaDeNamorar no perfil @xuventudegalicia. No texto indicarase en primeiro lugar un cancelo que recolla o título e despois a mensaxe. Ao final da publicación, engadiranse os seguintes cancelos e etiquetaxes: #LinguaDeNamorar #NamorarEnPandemia @linguagalega. Ademais diso, deben etiquetarse dúas amizades.

A mensaxe mellor valorada polo xurado do concurso nesta categoría levará consigo o único premio da modalidade, nun patinete eléctrico, de igual xeito que os gañadores das outras dúas especialidades.

Resolución

A listaxe cos nomes das persoas gañadoras e finalistas nas tres categorías publicarase o 12 de abril. Tanto as mensaxes gañadoras como finalistas daranse a coñecer publicamente na web de Lingua de Namorar e nos Instagram de @XuventudeGalicia e @LinguaGalega. No caso da categoría de Instagram, a persoa autora da mensaxe gañadora poñerase en contacto coa organización antes do 15 de abril para reclamar o premio e facilitar os datos de contacto.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.