Venres volve o sol sen cambios nas temperaturas

24 Febreiro 2022

Durante a xornada do venres, Galicia irá recuperando progresivamente a influencia anticiclónica, cunha circulación moi marcada do nordés. Con esta situación, agárdanse ceos despexados en xeral, con algunha nube no extremo norte, onde mesmo non se descarta algún chuvasco ás primeiras horas. As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso, continuando as máximas sen cambios. Os ventos soprarán do nordés, moderados no interior, fortes no litoral e zonas altas.

meteogalicia

O NOSO MAR: Vento do nordés á mañá, do nordés á tarde e do leste á noite, forza 4 a 6 á mañá e 4 a 5 á tarde e á noite. Forte marusía. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 5 a 6 metros á mañá e á tarde e 4 a 5 metros á noite.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Baixamar04:301.3 m
Preamar10:572.9 m
Baixamar17:171.4 m
Preamar23:433.0 m
Vigo
Hora*Altura
Baixamar04:231.4 m
Preamar10:532.8 m
Baixamar17:091.4 m
Preamar23:373.0 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Baixamar04:261.3 m
Preamar10:552.9 m
Baixamar17:151.4 m
Preamar23:413.0 m

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Martes 16, brétemas costeiras e nubes e claros

A inestabilidade atmosférica continuará este martes nas Rías Baixas e en Santiago, cunha xornada marcada polas brétemas costeiras e polos intervalos de nubes e claros no interior. As temperaturas non experimentarán cambios significativos ou mesmo rexistrarán un...

+

Luns 15 esperase un tempo máis inestable e descenso das temperaturas

Comezará a semana marcada por unha situación de certa inestabilidade atmosférica. Durante a xornada do luns 15, as brétemas costeiras serán protagonistas en boa parte do litoral. No interior, pola contra, os ceos presentaranse máis abertos durante as primeiras horas...

+

Sábado 13 ceos abertos con posibilidade de treboadas nas zonas altas

Este sábado 13 de xuño, San Antonio, tanto as Rías Baixas como Santiago de Compostela manteránse baixo a influencia das altas presións, aínda que a presenza de aire frío en altura inestabilizará levemente a atmosfera. Temperaturas entre 30 a 34 graos. Rías Baixas:...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente normal habla y se entiende” – José Castro López

“La gente normal habla y se entiende” – José Castro López

El Papa llamó a las fuerzas políticas a que dialoguen de forma civilizada. “La pluralidad política no debería degenerar en descalificación permanente del adversario…La firmeza no exige desprecio y la discrepancia no conlleva humillación del contrario”, dijo el...