Venres con ceo cuberto parcialmente

03 Febreiro 2022

Galicia verase afectada durante o venres por unha fronte pouco activa que se achegará polo norte, deixando ceos con máis nubes canto máis ó norte, onde mesmo haberá posibilidade de chuvias febles. As temperaturas mínimas continuarán sen cambios, mentres que as máximas experimentarán un descenso entre lixeiro e moderado. Os ventos soprarán de compoñente norte, frouxos en xeral, moderados no litoral atlántico.

meteogalicia

O NOSO MAR: Vento variable á mañá, do norte á tarde e do nordés á noite, forza 2 a 3 á mañá e á tarde e 2 a 4 á noite. Mar ovellado á mañá e á tarde e marusía á noite. Visibilidade regular á mañá e boa á tarde e á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1 metros.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Preamar06:084.0 m
Baixamar12:190.5 m
Preamar18:303.6 m
Vigo
Hora*Altura
Preamar05:583.9 m
Baixamar12:120.5 m
Preamar18:233.5 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Preamar06:033.9 m
Baixamar12:160.5 m
Preamar18:273.5 m

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Domingo 6, sol e suba das temperaturas

Durante o domingo, Corpous Christi, Galicia quedará baixo a influencia anticiclónica. Con esta situación, agárdanse néboas matinais no interior e ceos moi abertos no resto con nubes de tipo alto. Na Mariña teremos nubes de estancamento. As temperaturas mínimas...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...