Ribeira acolle este venres 25 a premier de “Operación Marea Negra”

25 Febreiro 2022

O Auditorio Municipal de Ribeira vai acoller este venres 25 de febreiro, a partir das 20.00 horas (cunha sesión de photocall), a premier de Operación Marea Negra, unha serie de Ficción Producciones para Amazon Prime Video cuxa estrea na plataforma está programada para o propio día 25.

Entre os actores desta produción audiovisual que está previsto recalarán no noso concello figuran Álex González, Nerea Barros, David Trejos, Manuel Manquiña, Xosé Barato, Yoli Muíños e Carlos Blanco. Tamén se prevé a participación de Mamen Quintas e Julio Casal, produtores executivos da serie, e de Ricardo Carbonero como Head Prime Video Content Spain.

Operación Marea Negra está dirixida por Daniel Calparsoro e inspirada na historia real do primeiro narcosubmariño interceptado en Europa. Ambientada en novembro de 2019, conta as peripecias de tres homes que atravesan o océano Atlántico con tres toneladas de cocaína no interior deste semi-sumerxíbel de construción artesanal. O argumento ponnos de fronte con Nando, o responsábel de guiar o vehículo. Trátase dun mozo galego campión de España de boxeo amateur e mariño experto sen recursos económicos que se ve obrigado a buscar outros medios para gañarse a vida.

A serie está dividida en catro capítulos de 50 minutos de duración, dos cales se proxectará en Ribeira o primeiro episodio nun evento ao que está confirmada a participación do alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz, e do conselleiro de Cultura da Xunta, Román Rodríguez.

Cómpre recordar que parte das escenas foron rodadas en diversas localizacións do municipio (como os portos de Aguiño, Palmeira e Santa Uxía) en xullo e agosto do ano pasado.

                            

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.