Rianxo acolle o venres 25 a presentación do poemario “Verso Plural” de J.L. Graña Muíño

16 Febreiro 2022

Este venres 25 de febreiro celebrarase no salón de actos do Auditorio de Rianxo a presentación do poemario Verso Plural de J.L. Graña Muíño, publicado por Medulia Editorial. Será ás 20.30 horas.

No acto acompañarán ao autor, Adolfo Muíños (alcalde de Rianxo), os escritores Xosé Manuel Lobato e Xosé Ricardo Losada que recitarán textos da devandita obra poética con fondo musical de J.M. Espiñeira.

A reserva de localidades pode facerse en concelloderianxo.gal/reservas.

O crítico Armando Requeixo define deste xeito o devandito poemario dende o seu blog: “E unha poética que bebe dos clásicos para modularse como propia, íntima e social, individual e colectiva, ancorada no noso tempo mais que non perde de vista a raiceira da que parte”.

O autor de “Verso Plural”, J.L. Graña Muíño

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“País de emigrantes” – José Manuel Pena

“País de emigrantes” – José Manuel Pena

Galicia para ser un país de emigrantes aprendeu moi pouco sobre o tratamento laboral cara aos novos inmigrantes que chega en busca de novas oportunidades. Lembrar, cando algún galego marchábase para Suíza, EE.UU, Arxentina, Canadá, Alemaña ou Gran Bretaña. Os peores...

“Quen o sabe?”. Luís Celeiro

“Quen o sabe?”. Luís Celeiro

Non sei por que ni a santo de que vén á cabeza deste escribidor o caso insólito de Manoliñodas Filgueiras. Ocorreu nos primeiros anos da década do sesenta do século pasado e deixousen fala aos seus familiares, aos mestres que tiña, aos fregueses da parroquia, aos...