Presentado o Programa Integrado de Emprego do Concello de Dodro

15 Febreiro 2022

Este martes 15 de febreiro o salón de actos do Auditorio Municipal de Padrón tivo lugar a xornada de presentación do Plan Integrado de Emprego do Concello de Dodro.

Este programa, financiado pola Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia e o Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE), está dirixido a 100 persoas desempregadas do ámbito territorial comprendido polos concellos de Padrón, Rois, Dodro e Rianxo, inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia, e ten como finalidade a mellora da empregabilidade dos/as beneficiarios/as a través da realización dun conxunto de accións para facilitar a súa inserción no mercado laboral.
Por primeira vez súmase Rianxo aos 3 concellos da comarca do Sar, que nas seis anteriores edicións xa viñan desenvolvendo este programa conxuntamente.
A distribución dos participantes no programa por concellos é a seguinte:
Padrón: 34
Rianxo: 33
Dodro: 24
Rois: 9
Entre as accións a realizar destacan as seguintes:
-Información, orientación e asesoramento laboral individual.
-Formación específica: cursos dos sectores agrario, hostaleiro, industrial alimentario, metal e téxtil.
-Formación complementaria e transversal: informática, prevención de riscos, idiomas, coaching, iniciativa emprendedora, etc…
-Prospección empresarial: implicación do tecido empresarial coa creación dunha rede de empresas colaboradoras do programa e realización de prácticas profesionais non laborais.
O acto contou coa presencia, ademais dos propios técnicos do programa e dos usuarios participantes, das seguintes autoridades:
-D. Xabier Castro Tourís (Alcalde de Dodro)
-D. Adolfo Muíños Sánchez (Alcalde de Rianxo)
-D. Manuel dos Santos Rodríguez (Tenente de Alcalde de Rois)
-D. Antonio Fernández Angueira (Alcalde de Padrón)

Outros artigos

Padrón fártase do lixo do mercado dominical

O alcalde de Padrón, Anxo Arca, anunciou este xoves 22 de maio a intención do Goberno local de someter á consideración do pleno a actualización da taxa por ocupación da vía pública. “Padrón non pode seguir tolerando o abandono de lixo na vía pública por parte de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O océano non ten fronteiras” – Antón Luaces

“O océano non ten fronteiras” – Antón Luaces

Cando en novembro pasado se clausurou en Vigo a segunda edición do Foro Galicia de Sostibilidade Global de Produtos do Mar,  remarcouse esta carencia de fronteiras para salientar o empeño en lograr unha economía oceánica sostíbel como basamento da apicación das...

“O bispo demérito” – Xulio Xiz

“O bispo demérito” – Xulio Xiz

O bispo demérito (sic) de Alcalá de Henares, vén de relacionar a "discapacidade psíquica, intelectual ou física" (considérome afectado directo) cunha "herdanza do pecado" e a estas alturas aínda ninguén lle retirou o carné de conducir fieis, mitigar males ou redimir...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.