Portos inviste 750.000 euros na mellora dos peiraos flotantes do Freixo e Noia

12 Febreiro 2022

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, fixo balance do investimento a prol da mellora dos peiraos flotantes de Outes e Noia. Segundo fixo saber, véñense de destinar 750.000 euros nas actuacións de mellora integral nas estruturas de Testal, no municipio de Noia, e O Freixo, no de Outes. Ambas actuacións forman parte dunha liña de traballo estratéxica do ente público para a renovación dos equipamentos aboiantes e de atracada co obxecto de mellorar as condicións de traballo e a operatividade da frota.

No caso das obras do Testal, iniciadas en maio do ano pasado, os traballos atópanse xa rematados. A Xunta de Galicia destinou a esta actuación, dirixida integramente ao sector profesional, 350.000 euros. As obras beneficiarán ás máis de 260 embarcacións pesqueiras que utilizan estas instalacións.
Os traballos consistiron na renovación integral do pavimento dos pantaláns, substituíndo o anterior por madeira tecnolóxica, así como a habilitación dos servizos básicos de alumeado e subministración de auga e o repintado dos pilotes. Ademais melloráronse as condicións de seguridade das instalacións mediante a posta en funcionamento dun sistema de control de acceso aos peiraos flotantes a través do teléfono móbil.

Polo que respecta ás obras de mellora integral das instalacións flotantes do peirao do Freixo, que se atopan en execución, consisten na renovación integral dos pantaláns que dan servizo a máis de 350 embarcacións. Neles procederase á renovación dos pavimentos con madeira tecnolóxica. Ademais, mellorarase a rede de subministro de auga e electricidade, dotaranse de alumeado e instalarase un sistema de apertura de portas dos peiraos flotantes a través do teléfono móbil.

Os traballos completaranse coa colocación de escadas abatíbeis para o acceso aos pantaláns desde o mar, o balizamento dos extremos dos peiraos e o saneado de pilotes e limpeza de flotadores, entre outras reparacións puntuais. Finalmente, Portos de Galicia anunciou que instalará un elemento de separación para impedir o paso de vehículos á pasarela de madeira.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.