Porto do Son organiza un curso gratuíto de primeiros auxilios na nenez

O Concello de Porto do Son, en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns (Consellería de Sanidade) vai organizar unha actividade formativa que nos mostrará o que facer ante emerxencias médicas relacionadas coa nenez. O Curso Gratuíto de Primeiro Auxilios na Infancia incluirá catro horas de contidos e está dirixido a persoal sanitario e educativo, monitores, nais, pais e cidadanía en xeral. A sesión correrá a cargo de Carlos Prados Sande, DUE asistencia do 061. Celebrarase o 14 de marzo en horario de 16.30 a 20.30 horas. Para máis información podemos contactar co Concello a través da conta jose.pazo@portodoson.gal. As prazas serán limitadas e asignaranse por orde de inscrición.