“Pola rúa… ” – Xulio Xiz

04 Febreiro 2022

Miro a placa da rúa pola que paso, e vexo “Pintor Tino Grandío”, e dáme por pensar que cando se homenaxea a alguén cunha rúa, co tempo, a homenaxe retráese e queda o nome da rúa como referencia de localización, tendo especial caducidade as homenaxes froito de devocións ocasionais que se van esvaecendo cando non sentíndose en sentido contrario.

Nada que ver con Tino Grandío, que sempre será o gran artista que foi quen de pintar en época difícil un cadro de Franco na decrepitude que ninguén quería recoñecer. Pintores, escultores, músicos ou escritores non caducan porque as súas obras están ao noso dispor e o seu mérito é permanente.

As fugacidades poden propiciar homenaxes irreflexivos, pero dentro da miña ignorancia deportiva non comprendo as peticións para darlle a dúas rúas lucenses os nomes dun baloncestista e dun futbolista en activo, pero si apoio con toda a forza o nome da rúa Luis Gregorio Ramos Misioné por lucense, gloria do piragüismo, ter rematada a vida deportiva, ser exemplo de modestia e cunha longa, esforzada, exemplar traxectoria.

Unha cidade con rúas con nomes de Centolo, Magnolia, Cruzamento ou Esquecemento, ten moito que planificar para o futuro. E non chega con poñerlle Rúa do Teatro á do Xeneral Franco, Castelao a Xeneral Mola, Fontiñas a Carrero Blanco ou Camiño Real á do 18 de xullo. Hai que facer un inventario de notables (persoas, institucións ou acontecementos importantes para a vida da cidade), de xeito que o rueiro reflicta devocións razoadas e firmes, e os nomes das rúas representen o que Lugo sente en relación cos protagonistas dos fitos do tempo que pasou.

Outros artigos

Una vía de alta prestación a 15 minutos”. José Castro López

El Gobierno gallego cumplió con una de sus primeras obligaciones, la de presentar losPresupuestos con la previsión de ingresos y el desglose de gastos para el ejercicio 2027.Las cuentas anuales son como la hoja de ruta a la que ha de ajustarse el Ejecutivo en...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“500 noites” – Xulio Xiz

“500 noites” – Xulio Xiz

O dato das 500 noites lembroumo o pasado San Froilán o magnífico Carlos García-Boente Carro, á fronte de La penúltima sabinera, que foi debullando os éxitos de Joaquín Sabina diante do entusiasmo dos presentes, deixando para o remate os dous temas para min máis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.