“Permitido non facer ren”. Antón Luaces

12 Febreiro 2022

​

É unha cuestión de catácter. Do ser de cada quen. É a resposta que lle damos á vida e isto non se aprende (penso eu), nace con un, amplíase nun, confórmase en cada un de nós. E como é cousa nosa,  cando debemos respostar a  cada circunstancia, a resposta sempre é distinta, nada ten que ver coa familia máis íntima: é particular de cada un de nós.

Un rapazote de 15 anos, domiciliado en Elxe matou aos seus pais e a un irmán por un máis que evidente desacordo coa censura familiar diante dun feito repetitivo: as malas notas escolares. Como castigo, os seus pais, máis concretamente a súa nai, cortóulle a wifi (inutilizando a videoconsola que, ao parecer era para el imprescindible) por ter suspendidas cinco materias. Após unha forte pelexa entre o mozo e a súa nai, o rapaz pillou unha escopeta de caza e disparóulle a ela. Coa mesma arma acabou coa vida de seu irmán, de 10 anos, quen acudiu ao lugar dos feitos alertado polo ruido. E con esa mesma escopeta matou ao seu pai cando este chegou á casa. Un total de sete disparos: dous contra a nai, dous contra o irmán e tres contra o pai. Asunto liquidado. Xa non haberá ninguén que lle prohíba o uso da videoconsola. Tres vidas segadas e unha, a do hipotético asasino, mutilada co fouciño dos valores perdidos. 

Sí, valores perdidos, porque o rapaz, autor confeso das tres mortes, os tres asasinatos, trasladou a cada un dos cadáveres a un alpendre que a familia empregaba para gardar os apeiros do campo. Como quen bebe un grolo de auga sen moita sede. Tranquilo, tal e como o atoparon os axentes da Garda Civil.

Que lles pasa aos nosos fillos, aos nosos netos, que son quen de matar porque non lle permiten usar unha video consola?. Tanto valor ten este aparello, tanto envicia que  lles resulta imposible prescindir del?. Non soubemos, antes de  llo regalar que pode ser motivo de serios problemas no seo familiar?. Que fai que a videoconsola, o teléfono móbil, a tablet  cheguen a crear tan grande conflito como para inducir a un rapaz de 15 anos a matar a toda a súa familia porque -como castigo polas malas notas escolares- non lle permitir  a súa utilización?.

Verdadeiramente lamentable es tal dependencia creada, esa adición que os fai tan dependentes cando nas familias de hoxendía o máis normal é que se permita en calquera circunstancia da vida e sen custos non facer nada?.

Non imos ben. Esta sociedade nosa está enferma. Padece de múltiples dependencias que nos leva a matar sen ter en conta afectos, cariños, respectos. nen vínculos familiares. 

Outros artigos

Una vía de alta prestación a 15 minutos”. José Castro López

El Gobierno gallego cumplió con una de sus primeras obligaciones, la de presentar losPresupuestos con la previsión de ingresos y el desglose de gastos para el ejercicio 2027.Las cuentas anuales son como la hoja de ruta a la que ha de ajustarse el Ejecutivo en...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“500 noites” – Xulio Xiz

“500 noites” – Xulio Xiz

O dato das 500 noites lembroumo o pasado San Froilán o magnífico Carlos García-Boente Carro, á fronte de La penúltima sabinera, que foi debullando os éxitos de Joaquín Sabina diante do entusiasmo dos presentes, deixando para o remate os dous temas para min máis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.