Os bombeiros sacan a unha moza dun vehículo encaixado nun garaxe particular en Boiro

13 Febreiro 2022

A condutora dun turismo necesita axuda dos equipos de emerxencias para saír do seu vehículo encaixado nun garaxe particular.

Sucedeu na Rúa Mangas, en Cabo de Cruz (Boiro), pasadas as doce deste mediodía, tal e como indicou a propietaria do inmoble na súa chamada ao 112 Galicia.

Ante a posibilidade de que houbese atrapados dentro do coche, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia pediron a colaboración dos Bombeiros de Boiro e dos membros do servizo local de Protección Civil. 

Efectivamente, no interior do coche había unha moza que tiña dificultades para saír. Sen embargo, bastou abrir o portón traseiro para poder sacar a persoa sen que fose necesario empregar o material de excarceración.

Para atender á ferida, acudiron os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Outros artigos

Rianxo e A Estrada xa son oficialmente concellos irmáns

Este luns 19 de outubro formalizouse finalmente a sinatura do protocolo de irmandamento entre os concellos da Estrada e Rianxo, historicamente unidos polas figuras de Virxinia Pereira Renda (A Estrada) e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo). A fraternidade...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.