O Rotogal Boiro Voleibol queda ás portas da vitoria na cancha do Río Douro Soria

06 Febreiro 2022

Miguel Álvarez.- Duelo de poder a poder nos Pajaritos saldado co triunfo do Río Douro Soria #ante un Rotogal Boiro Voleibol que se puxo dúas veces por diante, pero que non puido rematar a faena. A expulsión de Romero no desenlace do terceiro set pesou como unha laxa para os da Cachada, que foron incapaces de recuperar o ritmo de partido e acabáronse desfondando no tie break (3-2).
O Rotogal Boiro Voleibol dominou de maneira contundente o primeiro set. Os visitantes sobrepuxéronse
a algúns erros no saque e na recepción e, cunha brillante rotación ofensiva, maniataron a un Río Douro Soria que sempre foi a remolque. Os de Marcelo “Chinés” Benavídez sentenciaron aos locais con contundencia no saque (19-25).
O escenario cambiou por completo no segundo set, no que os locais dominaron de principio a fin ante un Rotogal Boiro Voleibol que acumulou erros na recepción e que baixou o nivel no bloqueo-defensa. Os galegos desinfláronse no tramo final da manga #ante un Río Douro Soria que conseguiu equilibrar o marcador (25-17).
O terceiro set foi moi igualado, cun constante intercambio de golpes. Con todo, o Rotogal Boiro Voleibol sobrepúxose a dous puntos de set do Río Douro Soria para acabar inclinando a balanza ao seu favor (28-30). Con todo, o custo foi alto, xa que, no desenlace, José Carlos Romero foi expulsado despois dunha pequena liorta con San Martín, que tamén sufriu o mesmo castigo.
O xuvenil Martín Casais asumiu o labor de oposto na cuarta manga, pero ao Rotogal Boiro Voleibol pesoulle o novo escenario e viuse abocado a manterse a remolque dun Río Douro Soria que volveu igualar a contenda (25-21). Os da Cachada fóronse do partido, incapaces de recuperar o ritmo do inicio, e víronse superados claramente no tie break, no que os locais presionaron desde o saque para pechar o choque ao seu favor (15-6).

Río Duero Soria, 3: Folguera, Villalba, Marinho, Álvaro Gimeno, Olalla, Igor Silva e San Martín
(líbero). Tamén xogaron Salvador, Lorente, Frías e Serna (líbero).
Rotogal Boiro Voleibol, 2: Gaby del Carmen, Mario Iglesias,José Carlos Romero, Felipe Benavídez,
Renan Levandoski, Gaspar Bitar y Adrián Alves (líbero). Tamén xogaron Alan Davila, Martín
Casais, José García e Ismael Martínez.
Sets: 0-1 (19-25), 1-1 (25-17), 1-2 (28-30), 2-2 (25-21) y 15-6 (3-2).
Árbitros: Xavier Fernández y David Fernández.
Incidencias: Partido disputado no Pabellón de Los Pajaritos de Soria ante unos 600 espectadores.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...