O proxecto de mantemento dos espazos públicos en Ribeira recibe catro ofertas

10 Febreiro 2022

O Concello de Ribeira vén de informar do remate do remate do prazo para presentar ofertas ao proxecto de servizos de mantemento, reparación, acondicionamento e melloras de vías e espazos de uso público situados no termo municipal. Presentáronse catro propostas na licitación a esta iniciativa, que vén cunha contía de 400.000 euros para un período de dous anos.

Traballos recentes de mellora viaria no lugar da Mámoa, en Ribeira

O Concello engade que este xoves 10 de febreiro ás 10.45 horas está previsto abrir por parte da mesa de contratación os sobres A, correspondentes a documentación xeral.

O obxectivo do proxecto é “manter en óptimo estado os espazos públicos municipais, proporcionando unha maior seguridade no uso, así como prolongar a vida útil das zonas sobre as que se actúa”.

De acordo coas cláusulas que rexen no proceso de contratación, dentro dos traballos incluídos figuran as seguintes actuacións:

De acordo coas cláusulas da licitación, inclúense os seguintes tipos de actuacións:

• Servizos de mantemento e reparacións: conxunto de traballos de conservación preventiva e correctiva necesarios para manter as vías e espazos públicos aptos para a súa utilización, en condicións de seguridade e comodidade para os usuarios. Poderán ser:

◦ A.1 Programados: refírense a actuacións de conservación, reparación e reposición planificadas por parte dos Servizos Técnicos do Concello de Ribeira.

◦ A.2 De acción inmediata: trátase de actuacións imprevistas, de ámbito puntual e de carácter urxente, que por razóns de seguridade e/ou funcionalidade deben ser reparadas no menor espazo de tempo posíbel.

• Obras de renovación ou mellora: refírese a pequenas obras que teñan por obxecto a reforma, renovación ou mellora dos espazos públicos.

• Actuacións en circunstancias excepcionais e de emerxencia: no caso de que se produza unha situación excepcional (inundacións, corrementos de terras, afundimentos, fochas, etc.) o adxudicatario deberá poñer ao dispor do Concello os medios persoais e materiais asociados a este contrato

Segundo informa o Goberno local, a finalidade perseguida con este proxecto é “manter en óptimo estado os espazos públicos municipais, proporcionando unha maior seguridade no uso, así como prolongar a vida útil das zonas sobre as que se actúa”.

A natureza das obras para realizar será en xeral de pequena envergadura, e será múltiple en canto ao número e á localización, non existindo unha oferta fixa de traballo, dado que se irán demandando en función das necesidades do Concello de Ribeira.

Cítase a continuación, a título orientativo e con carácter non excluínte, os elementos sobre os que estará obrigado a actuar o adxudicatario:

• Pavimentos de calzadas, beirarrúas, prazas, parques e demais espazos públicos destinados ao tránsito de vehículos e persoas, sexa cal for o seu material construtivo.

• Bordos e rigolas en todo tipo de calzadas e beirarrúas.

• Mobiliario urbano (papeleiras, bancos, bolardos, varanda, etc.)

• Elementos de drenaxe superficial (reixas, cunetas, canlóns, etc.), sempre que non estean mantidos por outras empresas

• Muros e muretes de contención ou de peche

• Escalinatas, ramplas, plataformas, vaos e pasarelas

• Pozos e arquetas de servizos municipais (non mantidos por outras empresas)

• Sinalización horizontal, vertical, balizamento e defensas

• Calquera reparación no espazo público dentro dos límites fixados neste prego

A duración do contrato é de dous anos ou ata alcanzar a contía máxima.

As empresas interesadas dispoñen ata o 4 de febreiro de 2022 á medianoite para presentar as súas ofertas a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia (SILEX).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.