A Corporación municipal de Rianxo, na sesión celebrada o mércores 9 de febreiro, aprobou por unanimidade a relación de proxectos presentada polo equipo de Goberno para incluír na relación do Plan Único da Deputación para o 2022 (Plan de Obras e Servizos, POS). As propostas de Rianxo suman un total de 305.885,76 ás que se engaden dous proxectos no plan Complementario pendente de novas achegas por valor de 275,260,79.
O Concello, a respecto dos proxectos aprobados, explicou que este ano, a diferenza dos anteriores, o plan non implicará a incorporación de facturas atrasadas que foron xa pagadas nin se acode a un novo préstamo provincial. “Decidiuse prescindir de incluír obras en pistas pois abordaranse con traballo da propia brigada de obras e noutros plans”, engadiron fontes do Consistorio, debullando deste xeito os proxectos incluídos:
-Cambio de cuberta do Pavillón Polideportivo de Rianxo: 171.432,87
-Renovación instalación eléctrica edifico Liceo: 38.749,94
-Acondicionamento mobiliario segundo bloque das Vivendas dos Mestres: 22.983,71
-Primeira fase cambio luminarias Paseo Marítimo Setefogas-Rinlo: 31,626,31
-Redución gasto corrente: 36.974,47
Achega municipal adicional: 4.118,46
Total: 305.885,76
Plan complementario
-Dotación Rede abastecemento e saneamento de Vilas: 168.420,21
-Ampliación abastecemento de Taragoña (Fachán, Chorente A Coviña): 106.840,58
Total: 275.260,79
POS Adicional Gasto Social
-Persoal técnico apoio servizos Socias, 42.273,70
-Axuda a domicilio: 30.658,88
Total gasto social: 72,942,58
Toma de posesión do novo concelleiro do BNG
Na mesma sesión tomou posesión co Sempre en Galiza de Castelao o novo concelleiro Xosé Vázquez González que prometeu o seu cargo e pasará ter nos vindeiros días responsabilidades de Goberno. O conxunto da Corporación aplaudiu a súa incorporación e aproveitaron as súas intervencións para desexarlle sorte na nova andaina.





