O PBBI rexeita o sentido único de circulación na rúa Castelao de Aguiño

22 Febreiro 2022

O Partido Barbanza Independente (PBBI), a través do seu concelleiro e voceiro Vicente Mariño, presentou para ser debatida en pleno unha moción relativa á problemática suscitada na rúa Castelao, na parroquia de Aguiño, polos cambios de dirección de tráfico dos que vai ser obxecto. O PBBI critican neste punto o que consideran “unha imposición” do Concello, ante a cal, din, non só mostran o seu rexeitamento os veciños da devandita rúa, “senón tamén o resto dos residentes de Aguiño en xeral, e mesmo os veciños doutras localizacións próximas como A Graña, Carreira, Castiñeiras e Ribeira, que se achegaron ao PBBI para unirse neste rexeitamento”, sinalan os membros da agrupación.

O partido di terse xuntado coa cidadanía para recoller o seu malestar ante a implantación do sentido único no devandito viario, se ben “están a favor doutras melloras en materia de accesibilidade en beirarrúas, control de velocidade e colocación de alcorques”. Tamén trasladaron ao PBBI unha petición concreta para instar ao Concello a colocar semáforos na intersección coas rúas Listres (estrada de Castiñeiras) e Vionta. De igual modo, o PBBI reflicte o rexeitamento dos veciños ao trazado do carril-bici polo treito da rúa Castelao, onde interferiría polo ancho de vía, propondo como alternativa un trazado paralelo ou próximo á pasarela de madeira do paseo marítimo.

Por todo o devandito, o PBBI pide o seguinte:

1- “Rexeitamento do pleno da Corporación municipal á implantación do sentido único de circulación na rúa Castelao, Aguiño, tal e como solicitan os veciños”.

2- “Trasladar o trazado do carril-bici da rúa Castelao á zona por onde actualmente discorre a pasarela de madeira do paseo marítimo, nos tramos afectados, por non ser posible polo ancho de vía para manter as dúas direccións, afastando desta maneira ás bicicletas dos vehículos”.

3- “Instalación de semáforos na intersección coa rúa Listres -estrada de Castiñeiras- e a rúa Vionta”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.