O Mercado de Ribeira acolle esta semana un obradoiro de estampaxe de papel con selos artesanais

28 Febreiro 2022

O primeiro andar do Mercado Municipal de Ribeira vai albergar o venres 4 e sábado 5 de marzo un Curso de Estampaxe de papel con Selos Artesanais.

A través desta acción, que estará impartida por Sandra Betanzos, do obradoiro Amorote Printing, adquiriranse coñecementos sobre esta técnica milenaria e artesanal, onde se estampará un caderno de color kraft con formas de animais, flores e debuxos xeométricos.

Trátase dunha acción gratuíta e aberta a familias que terá lugar o venres de 18 a 21 horas e o sábado de 10 a 14 e de 18 a 21 horas.

O curso está patrocinado pola Fundación Pública Artesanía de Galicia da Xunta.

Outros artigos

Aparece o corpo encadeado dun home no porto de Ribeira

Este martes 14 de abril Ribeira amenceu cun importante dispositivo policial no porto, trala aparición na dársena de Santa Uxía dun cadáver encadeado a unha escada, no espazo comprendido entre o barco Tres de Sempre e a estrutura do peirao. Segundo informou La Voz,...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“O sinal dos paxaros”. Luís Celeiro

“O sinal dos paxaros”. Luís Celeiro

Foi, dende a cidade onde vive e traballa, ao lugar onde permanece co teito enteiro a casa ondenacera, a mediados do século pasado. Alí, nunha das vigas de castiñeiro daquel enorme e baleirocurral, estaban as andoriñas facendo o niño. Ían e volvían enseguida con terra...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.