O Entroido pobrense despídese no 5 de marzo co enterro do Felipiño do Maño

25 Febreiro 2022

O enterro do Felipiño do Maño no 5 de marzo marcará o remate do Entroido na Pobra do Caramiñal. Trátase dunha iniciativa organizada por veciñanza do lugar coa colaboración do Concello.
A concelleira do Turismo, Charo Varela (Nós Pobra), puxo en valor esta tradición que, na localidade, “se vén recuperando nos últimos anos e que cada vez colle máis forza.” Gabou así o labor da organización, que estaba representada por Pastor Lago, quen animou á veciñanza a sumarse a esta pintoresca actividade.
A saída do cortexo fúnebre está prevista para as 19.00 horas dende o campo de Cabío, na parroquia do Xobre. O itinerario será o habitual: percorreranse as diferentes rúas do Maño para, deseguido, dirixirse á ponte de Santo Antonio e proseguir por distintos emprazamentos do casco urbano da vila. Chegará ao seu fin na rampla do peirao, a carón da praia dos Areos, onde se efectuará a súa incineración pasada a
medianoite.
A comitiva contará co acompañamento musical da charanga Eravisto.
A Policía local e Protección Civil encargarase de que esta particular cita transcorra en condicións de seguridade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Saúde pública en Europea” – José Manuel Pena

“Saúde pública en Europea” – José Manuel Pena

O beber demasiado alcol, o fumar, o non facer exercicio, o abusar das drogas ou o comer alimentos que nos fan dano, son algunhas das ameazas para a nosa saúde que provén do modo e o estilo de vida de cada un de nós. Resulta extraordinariamente preocupante de que o...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.