O Concello de Boiro leva a cabo nos centros de ensino un obradoiro de benestar emocional

03 Febreiro 2022

O Concello de Boiro, a través da Concellería de Cultura, impulsa esta tempada, nos centros de ensino do municipio, o proxecto En(clave), un plan integral en materia de educación, igualdade e saúde. Unha das actividades que engloba este programa é un obradoiro de emocións que ten como finalidade a saúde emocional.

Segundo explica o Concello, a actividade “ten como eixos transversais o autocoñecemento do corpo, a xestión das emocións, o bo trato e a autoestima, traballados a través da comunicación asertiva, a posta de límites e a negociación para garantir as relacións desexadas e libres de coacción e violencias”.

Mediante esta actividade realízanse charlas e coloquios divulgativos centros de ensino; traballo co alumnado para proporcionar información e ferramentas para traballar a saúde emocional co alumnado; e dotar desta mesma información tamén ás familias.

Dende a Concellería de Cultura engaden que “tras o confinamento por pandemia deuse un agravamento de síntomas como a ansiedade, a depresión, o trastorno de estrés postraumático, problemas coas emocións, condutas destrutivas, maiores dificultades sociais, baixo rendemento escolar, etc”. En palabras da edil María Outeiral, “o aumento preocupante destes comportamentos en nenos e nenas fai necesario que se comece a traballar na súa prevención dende os centros de ensino”.

Deste xeito, engade Outeiral, o proxecto En(clave) nace “da necesidade de dar resposta á demanda dos centros educativos de traballar sobre accións relacionadas coa igualade de xénero, a saúde mental ou a convivencia para impulsar un cambio de valores, roles e estereotipos”.

Este proxecto engloba tres grandes áreas de traballo que son a igualdade e sensibilización social; a educación e prevención e a saúde e benestar.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O océano non ten fronteiras” – Antón Luaces

“O océano non ten fronteiras” – Antón Luaces

Cando en novembro pasado se clausurou en Vigo a segunda edición do Foro Galicia de Sostibilidade Global de Produtos do Mar,  remarcouse esta carencia de fronteiras para salientar o empeño en lograr unha economía oceánica sostíbel como basamento da apicación das...

“O bispo demérito” – Xulio Xiz

“O bispo demérito” – Xulio Xiz

O bispo demérito (sic) de Alcalá de Henares, vén de relacionar a "discapacidade psíquica, intelectual ou física" (considérome afectado directo) cunha "herdanza do pecado" e a estas alturas aínda ninguén lle retirou o carné de conducir fieis, mitigar males ou redimir...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.