O CEIP de Campanario celebra unha semana de portas abertas para dar a coñecer o seu proxecto educativo

23 Febreiro 2022

O CEIP de Campanario (Baroña, Porto do Son) está a acoller esta semana (dende o luns ao venres) unhas xornadas de portas abertas para mostrar os detalles do seu proxecto educativo entre as familias.

O obxectivo é poñer o foco nas liñas de traballo do colexio (moi envorcadas na innovación educativa e nas vertentes da docencia máis centradas na investigación e a creatividade), ampliar radio de acción e deste xeito incrementar a taxa de escolares. Esta actividade coincide coa celebración dos 70 anos de historia do centro, que se están conmemorar co seguinte lema: 70 anos medrando e aprendendo xuntos nun ambiente familiar e próximo.

Nas xornadas de portas abertas as nais e os pais poderán visitar as dependencias do colexio e coñecer o profesorado e o seu traballo didáctico. Para participar nestas actividades no CEIP de Baroña é necesario reservar cita chamando previamente ao teléfono 639 585 808.

Unha imaxe histórica do colexio de Baroña

Outros artigos

O obradoiro de emprego Tahume XI inicia a parte práctica da formación

Os vinte alumnos do Obradoiro de Emprego Tahume XI, que comparten e impulsan en colaboración os concellos de Ribeira e O Porto do Son, iniciaron xa a parte práctica do itinerario formativo con traballos no parque periurbano de San Roque e no taller de carpintaría. No...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O rei non estaba espido”. Antón Luaces

“O rei non estaba espido”. Antón Luaces

O presidente que non o foi de España porque non quixo - a realidade foi que os votos a prol acadados nas eleccións xerais do país en cuestión non foron dabondo para que sí poidera selo e o segundo na listaxe de candidatos soubo gañarse a confianza da maioría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.