O BNG reafirma o seu apoio á actividade de Noia Histórica

04 Febreiro 2022

As deputadas do BNG Carme González e Rosana Pérez achegáronse esta semana a Noia para manter unha reunión co presidente de Noia Histórica, José Manuel Martínez Godoy, e a xerente da Asociación, Belén Arroniz. Na sesión estableceron vías de traballo conxunto e coincidiron na necesidade de seguir transformando tecnoloxicamente o comercio local na procura dunha meirande competitividade.

Na xuntanza, a responsábel da área de comercio do BNG no Parlamento galego, Carme González, puxo o foco na diminución do 50% do orzamento da Dirección xeral de comercio da Xunta, que pasou de 35M€ en 2009 a 18M€ en 2022, e sinalou que supón “unha proba da pouca importancia que o Executivo galego lle dá ao desenvolvemento do pequeno comercio”.

Noia Histórica e BNG coincidiron nos “prexuízos para o sector” derivados da demora á hora de publicar a orde e resolver as axudas aos Centros Comerciais Abertos (CCA) e Prazas de Abastos por parte da Administración da Xunta, así como “na importancia de que estas axudas saían a comezos de ano para que as asociacións podan planificar a súa actividade”.

Outra das cuestións que destacou González foi a aposta do Bloque por loitar contra a liberalización das rebaixas, que “tanto dano fai á competitividade dos comercios de proximidade”, e adiantou que levarán iniciativas ao Parlamento e o Congreso “para que a administración galega poda ter competencias para regular esta materia”.

No plano local, Godoy lembrou a importancia que supón a apertura da plataforma de comercio electrónico Vai de Tendas ao conxunto do comercios do municipio, estean ou non asociados a Noia Histórica, e anunciou que os vindeiros 15 e 16 de febreiro celebraranse as xornadas de formación en merdacotecnia (marketing) dixital co gallo de “instruír aos establecementos que se adhiran á plataforma”, e informou de que ata esa data estará aberto o prazo de inscrición.

Godoy quixo agradecer “o importante apoio e traballo que o BNG fixo para que se puidera dar este paso”.

O portavoz municipal do BNG, Ricardo Suárez, tamén destacou a importancia desta oportunidade para o sector comercial noiés de avanzar no relevante eido da dixitalización. Suárez afirmou que “o apoio por parte da Administración local á iniciativa está sendo moi deficiente” e que o Concello “debe difundir e acompañar estes avances en dixitalización”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...