Noia institucionalizará a celebración do Día de Rosalía

23 Febreiro 2022

O BNG de Noia vén de recoller a proposta da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) para institucionalizar nos concellos a celebración do día de Rosalía cada 23 de febreiro. A raíz da convite público da AELG de institucionalizar o día de Rosalía, os nacionalistas levaron este acordo ao pleno da Corporación noiesa, pois entenden que “Rosalía de Castro é a escritora máis representativa da lingua e da literatura galegas”.

Segundo lembra o BNG, a publicación do seu libro Cantares Gallegos “significou o primeiro escrito integramente en lingua galega” e sinala o inicio da “restauración do uso escrito do noso idioma e o final de séculos de silencio e esquecemento”.

A proposta para institucionalizar o día de Rosalía cada 23 de febreiro aposta pola celebración dun acto conmemorativo todos os anos con motivo desta data e pola divulgación social da autora e da súa obra, especialmente entre a mocidade.

O BNG conclúe que “todo parece indicar que a iniciativa, apoiada por todos os grupos en comisión, será referendada na xornada do pleno que terá lugar este xoves”. Ademais, tanto AELG como BNG animan a agasallar libros e flores no día de Rosalía.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...