Noia Histórica mergulla ao comercio local nas claves da mercadotecnia dixital e o comercio electrónico

A Asociación Noia Histórica organiza esta tempada unha actividade de formación tecnolóxica que serve de complemento perfecto á súa plataforma de comercio electrónico: o marketplace Vadetiendas. Trátase dun curso presencial sobre mercadotecnia (marketing) dixital básico e sobre fichas de produto para o ámbito do ecommerce.

En definitiva, trátase dunha actividade formativa directamente encamiñada a impulsar a transformación dixital dos establecementos noieses, incrementando a súa competitividade e a súa presenza en todo tipo de mercados.

Será un obradoiro de balde, con 8 horas de contidos. Desenvolverase entre os días 15 e 16 de febreiro. Para reservar praza temos que contactar coa patronal noiesa a través dos teléfonos 981 824 764 ou 629 648 886. O correo é administracion@noiahistorica.com.