Martes de entroido con chuvascos máis frecuentes pola tarde

28 Febreiro 2022

O martes quedaremos na influencia das baixas presións con circulación intensa de ventos do sur. Agárdase un día de ceos nubrados con choivas, máis persistentes nas comarcas atlánticas, que serán xeneralizadas pola tarde. As temperaturas mínimas ascenderán lixeiramente e as máximas sufrirán un lixeiro descenso. O vento soprará do sur, moderado en terra, con intervalos fortes no litoral.

meteogalicia

Aviso amarelo este martes na costa galega por ondas de máis de 4 metros
A costa galega estará este martes, 1 de marzo, en aviso amarelo por mar de fondo do noroeste que deixará ondas de máis de catro metros de altura.

O NOSO MAR: Vento do sur á mañá e á tarde e do sudoeste á noite, forza 5 a 6 á mañá, 5 a 7 á tarde e 2 a 3 á noite. Forte marusía á mañá e á tarde e mar ovellado á noite. Visibilidade mala. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 3.5 a 4.5 metros á mañá, 3 a 4 metros á tarde e 2.5 a 3.5 metros á noite.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Preamar03:013.7 m
Baixamar09:170.6 m
Preamar15:303.6 m
Baixamar21:310.6 m
Vigo
Hora*Altura
Preamar02:503.7 m
Baixamar09:080.6 m
Preamar15:213.5 m
Baixamar21:200.7 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Preamar02:563.7 m
Baixamar09:130.6 m
Preamar15:273.5 m
Baixamar21:260.6 m

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.