Lousame celebra o Festival de Entroido o día 26 no Polideportivo Pilar Barreiro

18 Febreiro 2022

O punto álxido destas festas en Lousame será o Festival de Entroido que se celebra o sábado 26 de febreiro. Será, segundo informa o Concello, no Polidepotivo Pilar Barreiro Senra. Haberá obradoiros, xogos e inchábeis, así como degustación de orellas, filloas e chocolate con churros.

O Concello engade que “coma nos últimos anos, non haberá concurso de disfraces”. A participación na cita festeira será de balde, pero é necesario inscribirse en bandoticket. Haberá dúas quendas para evitar que se xunte demasiada xente no polideportivo: 16:30 a 18:00 e 18:30 a 20:00 horas (con media hora para desinfectar xogos e repoñer material novo para os obradoiros).

“Optamos por un sistema de quendas como unha medida extraordinaria de prevención, ao ter lugar nun recinto pechado. Queremos evitar no posible as aglomeracións e que todas as persoas que asistan desfruten da festa con total seguridade”, sinalou a concelleira de Cultura Silvia Agrafojo, quen animou á veciñanza a participar do festival.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.