José Ramón Romero, Sandra González e Zaida Rey incorpóranse á executiva provincial do PSOE en representación da comarca

20 Febreiro 2022

A nova executiva provincial dos socialistas conta coa representación de tres políticos da comarca ocupando amais cargos de responsabilidade. Trátase do alcalde de Boiro, José Ramón Romero, Martiño; a concelleira de Noia e deputada provincial Sandra González; e Zaida Rey, integrante da agrupación socialista da Pobra.

O rexedor boirense quixo agradecer publicamente a confianza depositada nel polo partido, e por Fernández Piñeiro en particular, tras ser designado como novo secretario de Industria dentro da executiva coruñesa.

Xunto a el, intégranse na executiva a noiesa Sandra González, que asume a secretaría de Estudos e Programas, e a pobrense Zaida Rey, que formará parte do equipo aínda que sen responsabilizarse dunha área concreta.

Foto Psoe

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.