“Estás a tempo de escribir o TEU poema” – Manuel Domínguez

04 Febreiro 2022

Pregúntoche.

Lembras o primeiro bico.

Lembras ti ultima bágoa, persiste a dor?, lembras a primeira vez que o teu corpo satisfixo a túa alma.

Pregunto a Galicia norte e a Galiza sur.

Lembra-se da primeira vez que o amor escapou sem aviso, algum dia você chorou de felicidade.

Lembras a primeira vez do tendido prono ou tendido supino.

Lembras o teu primeiro salario e a emoción contida, a dor que che causou o primeiro deceso dun amigo ou ser querido.

Cal foi o primeiro poema que che axudo a namorar, ou o teu primeiro poema, e que dicía, ou es dos que non len nin escriben poemas.

Lembras cando tomo a túa man e un brutal calafrío percorreu o teu corpo.

Que libro marcou a túa vida, e que peli, que canción de infancia lembras.

Lembras a túa primeira palabra, a primeira imaxe tan afastada, lembras as máis antigas memorias, o máis antigo consello da túa avoa.

Lembras o primeiro engano doloroso, a primeira traizón, o teu primeiro amigo de nenez.

Quen che ensinou a palabra medo.

Lembras cando a túa nai te arrolaba ou te deitaba, e ao apagar a luz, dicíache felices soños, Princesa ou Capitán.

Lembras o cheiro a terra mollada, ou a herba fresca recentemente cortada, lembras o aroma da última pel bicada.

Praga, Lisboa, Berlín, ou ti saberás que cidade te chama , non a esquezas, ou talvez a vella aldea.

Se o lembras dá grazas ao teu hipocampo e a túa cortiza cerebral, se non o lembras por non realizalo, unha cousa dígoche, envellécese ao deixar de soñar, cando se perden as ilusións, veñen os achaques e os anticorpos debilítanse.

Din que as últimas palabras dos que marchan ao máis aló, non son recordos da empresa, do traballo, das contas bancarias, non, son unha dor de non facer o que un quería, doe o ser obediente, o non traballar pola propia felicidade, ser escravo do que dirán.

Estas a tempo de escribir O TEU poema, de roubar un bico aínda que sexa consentido, regalar unha viva orquídea, de liberar ese quérote reprimido, deixa voar os teus soños, a persoa que non soña, é un morto en vida.

Você está a tempo de escrever o SEU poema, de roubar um beijo, mesmo que seja mimado, dar uma orquídea viva, libertar ese quero-te que você ten reprimido, deixe seus sonhos voarem, a pessoa que não sonha, é uma morte na vida.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.