En Ribeira presentadas 106 ofertas para catro licitacións de obras en Olveira, Palmeira e Santa Uxía

18 Febreiro 2022

O Concello de Ribeira informou de que por segundo día consecutivo os servizos de contratación do Concello tiveron un intenso traballo coa apertura dos sobres C (ofertas económicas e referencias avaliables automaticamente) doutras catro actuacións nas parroquias de Olveira, Palmeira e Ribeira e que desta vez suman un total de 106 ofertas.

O lugar da Cucheriza

Así, no caso do saneamento no lugar da Cucheriza (Olveira) recibiu un total de 26 ofertas, mesma cifra que a da instalación de saneamento e abastecemento no Lugar de Lombas (Palmeira).

O lugar das Sidreiras, en Santa Uxía

As outras dúas aperturas corresponderon a outras tantas intervencións en Santa Uxía de Ribeira: por unha banda a instalación de rede de pluviais na rúa Sidreiras e transversal, con 28 ofertas; e por outra a pavimentación con plataforma única da rúa Rosalía de Castro entre Marcial do Adalid e a rúa Irmandiños, con 26.

Cómpre lembrar que na mañá de onte abríronse os sobres C doutras catro actuacións en Aguiño, Castiñeiras e Oleiros que aglutinaron un total de 102 ofertas.

A rúa Rosalía de Castro, en Santa Uxía

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...