En Ribeira ábrese o prazo para solicitar a instalacións de quioscos de tempada

03 Febreiro 2022

O Concello de Ribeira informa da apertura do prazo para solicitar autorizacións de ocupacións temporais con vistas á instalación de quioscos con terraza en terreos de titularidade municipal. Concretamente, na praia da Corna (área recreativa de Modorróns), Coroso (dous quioscos: un nas proximidades do centro de formación e outro preto do posto de socorristas), Ameixida e praia dos Mosqueiros.

En todos os casos o prazo de autorización será de seis meses (do 1 de maio ao 21 de outubro) durante os anos 2022, 2023, 2024 e 2025.

O Concello especifica que “as instalacións deberán desmontarse e retirarse ao finalizar a tempada en cada anualidade” e que “os adxudicatarios deberán tramitar a correspondente autorización de servidume de protección do dominio público marítimo terrestre ante o Servizo de Urbanismo da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, agás o adxudicatario da Ameixida, localizado fóra da zona de servidume”.

Os prezos base de licitación son os indicados na ordenanza fiscal municipal B.2.8 e poderán ser mellorados polos licitadores nas súas ofertas.

O prazo de presentación de ofertas é de 10 días hábiles.

Máis información no anuncio publicado no BOP (formato PDF).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.