En Outes o Concello celebra o Enterro da Sardiña e o Mércores de Cinza cun concurso de disfraces

16 Febreiro 2022

Co gallo da celebración do Entroido, o Concello de Outes organiza un concurso de disfraces e un desfile para celebrar o Enterro da Sardiña, unha das actividades do Entroido de máis fonda tradición no termo municipal. Será o día 2 de marzo, Mércores de Cinza.

Toda persoa que desexe participar neste concurso pode apuntarse cubrindo a folla de inscrición e enviándoa á dirección de correo electrónico animacion@outes.gal antes do 28 de febreiro, ou o mesmo día do concurso, antes das 16:30 horas, no Pavillón Polideportivo da Serra. As modalidades serán as seguintes: infantil (1-2 nenas e nenos de até 12 anos), individual (1-2 persoas sen límite de idade), grupo (cun mínimo de 3 e un máximo de 8 persoas) e comparsa (formada por 9 ou máis persoas).

O xurado estará composto por cinco persoas designadas polo Concello. A cualificación dos disfraces e comparsas terá lugar a partir das 17:00h no Pavillón e o xurado avaliará a orixinalidade dos disfraces, o carácter humorístico, o grao de elaboración, a escenificación e animación da representación, sendo este último punto tamén avaliado durante o percorrido do desfile.

Premios

1º clasificado 60 € (infantil) 230 € (individual) 400 € (grupo) 800 € (comparsa)

2º clasificado 40 € 160 € 260 € 510 €

3º clasificado 30 € 60 € 120 € 240 €

4º clasificado 30 €

5º clasificado 30 €

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.