En Noia o servizo de obras mellora a accesibilidade nas beirarrúas

O Concello de Noia informou de novos traballos para mellorar a accesibilidade, a mobilidade e a seguridade no termo municipal, poñendo o foco nos peóns pero tamén nos condutores.

Segundo fixo saber, o servizo de obras leva varios días actuando en diferentes puntos da vila e a súa contorna, reparando beirarrúas danadas, arranxando rexistros e colocando de bolardos para evitar que os vehículos estacionen sobre as beirarrúas.

Os labores estanse a desenvolver en varias rúas da vila: rúa Don Teo, rúa Chile, rúa da Condesa, rúa Cega e Virxe do Loreto, entre outras.