Elévanse a 13 os mariñeiros falecidos no naufraxio do buque galego en Terranova

16 Febreiro 2022


O número de vítimas mortais polo naufraxio do pesqueiro galego “Villa de Pitanxo” a 250 millas da Illa de Terranova (Canadá) segue en aumento. Xa son 13 os falecidos na que é a maior traxedia marítima da historia recente de Galicia.

Polo momento púidose rescatar a tres sobreviventes. Un deles do propio o patrón do arrastreiro, Juan Padín, ademais do seu sobriño, Eduardo, así como un mozo natural de Ghana residente en Marín do que, polo momento, non se confirmou a súa identidade. Estes dous tripulantes e outro do que non transcendeu a súa identidade atópanse a bordo do pesqueiro español Praia Menduiña Dúas, no cal permanecen tamén seis dos dez corpos recuperados na zona do sinistro.

Os traballos de busqueda céntranse agora na procura dos oito tripulantes desaparecidos desta expedición formada por 24 tripulantes, dos cales 16 eran españois, aos que se suman cinco peruanos e tres ganeses.. Segundo informa Salvamento Marítimo, no dispositivo están a colaborar “un avión, dous helicópteros, un pesqueiro español e dous pesqueiros portugueses”.

Un destes últimos é o pesqueiro Novo Virgem dá Barca, onde se atopa o corpo dun dos mariñeiros falecidos. No outro buque luso, o Franca Morte permanece outro cadáver, aos que se suman os outros dous que foron localizados polo buque de bandeira canadense que está a colaborar nos labores de procura.

A alerta do naufraxio deste buque da armadora Grupo Nores produciuse a máis de 450 quilómetros da terra máis próxima, en zona SAR canadense, cuxa coordinación corresponde ao Joint Rescue Coordination Center ( JRCC) Halifax, que é un centro de coordinación de rescate operado pola Real Forza Aérea Canadense e a Garda Costeira Canadense.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...