“Depredadores sexuais” – José Manuel Pena

04 Febreiro 2022

Son xente normal e corrente. Moitos teñen familia e un bo traballo. Están ben relacionados e integrados na vida da comunidade. Son depredadores e agresores sexuais. Algúns se aproveitan da súa posición de poder para someter ás vítimas, buscando e atopando a complicidade dun armazón social afeito mirar para outro lado.

Quen non coñece algún caso de vítimas de agresións sexuais? Na infancia, na mocidade ou na idade adulta, foron e son centenares as persoas que sufriron este tipo de atentados contra a liberdade sexual e a integridade física e psíquica de inocentes.

Demasiadas persoas levan anos loitando, en silencio, contra as consecuencias provocadas por eses depredadores sen escrúpulos. Algunhas, ao longo do tempo, adquiren a forza suficiente para denunciar publicamente ou xudicialmente eses pesadelos a pesar da dificultade en demostrar moitas desas agresións e violacións.

No propio ámbito familiar, nos colexios ou facultades universitarias, en complexos deportivos, no lecer nocturno, dentro da propia Igrexa, nos centros de traballo e en tanto e tantos outros lugares que serviron de escenario macabro destas prácticas indecentes, aberrantes e inhumanas.

Hai algúns anos unha gran parte da sociedade eramos cómplices, co noso silencio, de moitas desas atrocidades. As vítimas tiñan que interiorizar e xustificar a agresión ao mesmo tempo que asumir as consecuencias, mintas que os verdugos continuaban paseándose libremente pola xungla humana en busca de máis inocentes indefensos.

Outros artigos

“La guerra como negocio de la atrocidad”. Alberto Barciela

Asistimos en el tablero de Oriente Próximo a una representación dramática de la discordia entre la moral y la política. El conflicto que involucra a Irán y sus vecinos pone de manifiesto cómo el moralista político -aquel que forja una moral ad hoc para...

+

“Inseguridade Social” – José Manuel Pena

A Fundación Europea para a Mellora das Condicións de Vida e de Traballo da UE (Eurofound) sinala que “os sentimentos de inseguridade en varios aspectos da vida da poboación europea están estendidos, mesmo entre as persoas que están materialmente acomodadas. Os...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.