“Bota a lingua a pacer”, o lema do Día dos Medios en Galego 2022

04 Febreiro 2022

Cada 7 de febreiro, trala súa declaración institucional no Parlamento de Galicia, a Asociación de Medios en Galego organiza, coa colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación da Coruña, e neste caso co Concello de Santiago, o Día dos Medios en Galego.
Unha celebración que lembra a saída da primeira publicación xornalística realizada integramente en galego, O Tío Marcos d’A Portela, en 1876.
As máis de 30 cabeceiras que formamos a AMEGA, entre as que se atopan “Código Cero”, “codigocero.com”, “codigo.gal”, “O Barbanza” e “obarbanza.gal” (https://mediosengalego.gal/medios- en-galego/) e os máis de 140 medios que fan comunicación na nosa lingua, , queremos festexar un ano máis
esta data.

O lema deste ano será “Bota a lingua a pacer”.
Farémolo dun xeito adaptado á situación actual, cun Roteiro por Santiago de Compostela,
vinculado coa lingua galega.
O Roteiro “Compostela e a lingua” desenvolverase o sábado 5 de febreiro, con saída ás 11:30h da Rúa Nova, 34. Durante o roteiro, que estará acompañado polo pasarrúas de Xulio Maside, iranse realizando paradas en lugares simbólicos na loita polo mantemento do idioma.
A primeira será diante da placa dedicada a Roberto Vidal Bolaño, no Salón Teatro. Alí a compañía de teatro Os Quinquilláns representará unha pequena escena dunha das obras do célebre dramaturgo, conmemorando así o vinte aniversario so seu pasamento.
Despois, o roteiro continuará na Praza da Universidade, no antigo Restaurante El Asesino, onde o filósofo Antón Baamonde nos descubrirá a importancia dos faladoiros que había nos locais de hostalería composteláns en tempos de crise.
O escritor Bieito Iglesias será o encargado de vincular a relación entre a Universidade de Santiago de Compostela co galego, noutra parada que se realizará na Facultade de Xeografía e Historia.
Haberá tamén unha visita no Colexio de Santo Agostiño, onde a profesora Anxos García Fonte debullará a relación de Rosalía de Castro coa cidade.
Xa na praza de Cervantes, na Zona C, fará un espectáculo poético-musical a carballesa Rosalía Fernández Rial, despois de que representantes das entidades organizadoras e colaboradoras dean unhas palabras.


Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.