Atopan o corpo dunha muller nunha zona de monte en Santiago

20 Febreiro 2022

O corpo dunha muller foi atopado nunha zona de monte, na Enfesta, no termo municipal de Santiago de Compostela.

Á unha e media deste mediodía, unha persoa particular comunicaba o achado ao 112 Galicia. Indicaba que un grupo de cazadores que se atopaban no monte, acaban de atopar o corpo dunha muller.

Así, con estes datos, os xestores do 112 Galicia puxeron os feitos en coñecemento dos profesionais sanitarios, dos axentes da Garda Civil, da Policía Nacional e Local.

Polo de agora, descoñécese a identidade da persoa, polo que, as forzas da orde traballan para identificar o cadáver e esclarecer as causas do suceso. 

O pasado 7 de agosto denunciouse a desaparición dunha muller da zona, de 77 anos e enferma de Alzheimer da que informamos en “obarbanza.gal”, polo que non se desbota que sexa a desparecida.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...