As familias de Ribeira xa poden solicitar un dos 85 composteiros individuais que distribúe o Concello

03 Febreiro 2022

O Concello informou da apertura, este xoves 3 de febreiro, do prazo de 15 días naturais para que a cidadanía solicite un composteiro individual e material accesorio. O obxectivo é facilitar o material preciso para que a veciñanza participe “de forma activa” no programa de compostaxe impulsado dende o Consistorio.

Hai a disposición da cidadanía un total de 85 composteiros de 300 litros de capacidade, ao que se engaden cadanseus caldeiros de lixo de 30 litros, paquetes de 150 unidades de bolsas compostábeis e aireadores.

Agora, o Concello abre un prazo de presentación de solicitudes cun modelo de formulario que se pode descargar da páxina web (www.ribeira.gal) para que a cidadanía poida solicitar a participación no programa de compostaxe individual.

Composteiro comunitario de Fontán

Criterios de selección

O primeiro criterio de prioridade para o reparto dos composteiros individuais destinados a compostaxe doméstica será que os solicitantes tivesen participado e finalizado o curso de formación en Compostaxe individual e comunitaria do Concello de Ribeira, impartido ao efecto a principios de 2021.

O segundo criterio de prioridade será a data e hora de presentación no Rexistro do Concello da solicitude, a contar dende a data de apertura do prazo.

O Concello tamén explica que será requisito imprescindíbel que as persoas solicitantes vivan nunha vivenda con terreo que permita a instalación do composteiro e o seu correcto funcionamento. Porén, admitiranse as solicitudes presentadas para segundas residencias que reúnan o requisito de dispoñer de terreo, sempre e cando o tempo de permanencia nelas supere o 25% do ano.

Admitiranse solicitudes presentadas por cidadáns que non realizaron o curso formativo, suxeitas a dispoñibilidade de material e co compromiso de recibir a formación adecuada por parte do persoal designado polo Concello ao efecto.

Só se admitirán as solicitudes presentadas por cidadáns empadroados no Concello de Ribeira, e o destino do material que se o destino do material que se entregue deberá ser este termo municipal.

Centros de compostaxe comunitaria

A maiores de todo o devandito, o Concello lembra que o programa de compostaxe municipal inclúe tamén a creación de dous centros comunitarios, un en Abesadas e outro na zona de Fontán, que en datas vindeiras serán postos en funcionamento coa finalidade de dar servizo aos domicilios, comercios alimentarios e locais de hostalería dun radio aproximado de 500 metros que se adhiran a este proxecto.

Composteiro comunitario das Abesadas

Outros artigos

“Adeus compañeira” – Fernando Sarasketa

No mediodía deste domingo 18 de maio miña nai, Mercedes Sarasquete Alonso (Cheché), finalmente cruzou a porta. Con 93 anos e xa con graves problemas cognitivos e de mobilidade un (eu) tenta prepararse para o inevitábel, e ter sempre presente que cada día podía ser o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Pedro Sánchez e Israel”. José Antonio Constenla

“Pedro Sánchez e Israel”. José Antonio Constenla

Lo último de Pedro Sánchez, convertido en agente propagandístico de Hamas,es tachar a Israel de “Estado genocida”. Más allá del estruendo mediático, lopreocupante no es tanto la acusación en sí, sino lo que representa, porque esun gesto diplomático de enorme calado,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.