As celebracións rosalianas de Outes esténdense até este domingo 27 de febreiro

24 Febreiro 2022

Os nosos concellos son esta semana un fervedoiro de actividades para festexar o Día de Rosalía de Castro (este mércores 23 de febreiro). Exemplo disto é a axenda cultural de Outes para esta recta final de febreiro, materializada a través do Servizo de Normalización Lingüística.

O programa inclúe a proxección dun poema (durante quince días) de Cantares Gallegos nunha das fachadas do Consistorio, unha exposición do alumnado do CEIP Plurilingüe de Outes na Casa da Cultura, poemas nos comercios, libros e flores de agasallo e unha degustación do Caldo de Gloria.

As actividades comezaron o día 22, coa inauguración da exposición de poemas de Rosalía ilustrados polo alumnado do CEIP Plurilingüe de Outes. Os debullos estarán na Casa da Cultura até o 13 de marzo. Amais, unha escolma dos mesmos foron colocados nos escaparates de comercios e bares do municipio.

Por outra banda, este 23 de febreiro as persoas que se achegaron pola Biblioteca Municipal tivo ocasión de levar de balde un libro en galego e unha flor.

Este xoves 24 de febreiro haberá tres pases teatrais no colexio de Outes para que a rapazada coñeza a vida e a obra de Rosalía dunha maneira amena e lúdica. Por último, como colofón das actividades para homenaxear á nosa autora nacional, o 26 e 27 de febreiro está prevista a degustación do Caldo de Gloria. Todas as persoas que tomen unha consumición nos locais Casa Amanda, John Turkey, O Taboleiro ou no Ruta de San Campio poderán degustar unha cunca do caldo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Le vi triste, bajo un árbol” – Manuel Domínguez

“Le vi triste, bajo un árbol” – Manuel Domínguez

No era un día máis Yo le vi triste, bajo un árbol, a la sombra que este le regalaba. Hacia calor, mucho calor, le compre un helado de hielo, se lo pase por la boca y lo disfrutaba. Le pregunte que se volviera conmigo, no quiso, digo que sus amigos volverían por él...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.