Aprobado en Outes o POS de gastos sociais por valor de 73.319 euros

06 Febreiro 2022

O pasado xoves 3 de febreiro celebrouse o pleno da Corporación de Outes. Na sesión aprobouse o POS + 2022 (Plan de Obras e Servizos) Adicional para Gastos Sociais, cun importe de 73.319 € e que se destinará aos puntos que citamos a continuación:

-Reforzo do Servizo de Atención no Fogar

-Reforzo do Punto de Atención á Infancia

-Axudas para Adquisición de Material Informático para estudantes

-Axudas para a mellora da autonomía e accesibilidade das persoas maiores e dependentes

-Axudas de Emerxencia Social

Amais, aprobáronse por unanimidade as seguintes actuacións xerais do POS + 2022:

-Humanización da rúa Doutor Esperante (A Serra) e mellora do camiño de Entríns a Fontenlos (Entríns), por valor de 167.575 euros.

-Pavimentado da rúa da Braña (A Serra) no Conchido e arranxo do muro do río Tines (San Lourenzo), por valor de 47.470 euros.

-Mellora do Pavillón da Serra de Outes (62.252 euros).

-Pavimentado do viario do núcleo de Crespos (Valadares), por valor de 60.854 euros.

Total: 377.061 euros.

Complementarios

-Pavimentado en Lagoa (San Cosme), por valor de 55.928 euros.

-Pavimentado do viario no núcleo de Outes (Outes), por valor de 47.369 euros.

-Acondicionamento da antiga Escola de Tarás (Tarás), por 42.398 euros.

-Pavimentado do vario do núcleo de Banzas (San Ourente), por 55.027 euros.

-Pavimentado Escola Unitaria Braño e Mosteiro (O Freixo), por 40.172 euros.

-Pavimentado rúa Conchido – Tras Pavillón, camiño estrada piscina a paseo; camiño avenida Fisterra a Vistaalegre (A Serra); accesos ao Colexio Vello do Cruceiro (Roo). 52.010 euros.

Total gastos complementarios: 292.907 euros.

Outros artigos

Comeza a conta atrás para XVI edición da Carreira Pedestre de Outes

No marco da celebración do Día das Letras Galegas e co obxectivo de xuntar (e conmemorar) deporte e cultura, a Concellería de Deportes do Concello de Outes organiza a XVI Carreira Pedestre de Outes, prevista para o sábado 17 de maio de 2025 a partir das 10.00 horas,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Galicia, en el buen Camino turístico”. Alberto Barciela

“Galicia, en el buen Camino turístico”. Alberto Barciela

En el turismo hay una característica administrativa que hace muy peculiar a Galicia: la dependencia directa del Presidente, y así ha sido con Manuel Fraga y los es con Alfonso Rueda. Desde que el León de Vilalba, un hombre que puso a la España autárquica de Franco en...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.