Aparece no Vilar con vida o veciño de Deán

Manuel Pego, veciño da barriada ribeirense de Deán apareceu san e salvo.

Segundo informa a Agrupación de voluntarios e servicio municipal de protección civil-RIBEIRA é a mellor noticia que poden dar no día de hoxe.

O veciño de 74 anos apareceu na zona do Vilar e iniciouse o luns participando un amplo dispositivo no que interviron o Servicio de Emerxencias Municipal, GAEM, a Agrupación de voluntarios de Protección Civil de Ribeira, os Membros do parque de bombeiros de Ribeira, a Policia nacional e a Policia local, os Axentes medioambientais do Parque Natural de Corrubedo, a Unidade de cans de búsqueda da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Oroso e numerosos veciños que votaron unha man. Tamén interviron membros da asociación de sendeirista de Carreira, o párroco de Santa Uxía Don Alfonso e tod@s os que colaboraron que se nos poidan esquecer. Desde o Concello dan Mil gracias a tod@s @s que colaboraron de unha maneira ou de outra.

Tal como vimos informando en “Obarbanza.gal” desde o primeiro momento Manolo, de 74 anos, saíu este luns pola tarde da súa casa para dar un paseo e regresou á súa vivenda pero, polas razóns que foran, non chegou a entrar nela, posiblemente por atopala pechada e non ser quen de dala aberta, o que motivou que se desorientara.