Aida López e Marian Briones expoñen “Heteroxénea” na casa da cultura pobrense

02 Febreiro 2022

A casa da cultura Raquel Fernández Soler alberga dende o 2 de febreiro e ata o 2 de marzo a
exposición colectiva Heteroxénea, das artistas pobrenses Aida López e Marian Briones.
No acto de inauguración, a concelleira da Cultura, Patricia Lojo (PSdeG- PSOE), cualificou esta mostra como “moi potente e moi intensa” que ofrece a quen a visite “unha viaxe interna que pasa do mundo da psique e dos sentimentos ata o corpo humano, cunha forte presenza feminina.”
Este proxecto artístico supón un punto de encontro entre estas dúas artistas da localidade e as súas obras, nas cales xogan coas cores e texturas.
A dita exposición componse de 36 pezas entre esculturas, gravado, fotografía e pintura.
As visitas pódense realizar de luns a venres, en horario de 11.00 a 13.30 e de 17.00 a 20.00 horas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Vivenda e especulación” – José Manuel Pena

“Vivenda e especulación” – José Manuel Pena

A dereita política española fala que un problema importante é o do Dereito á Vivenda e en cambio sempre están en contra de que se adopten medidas urxentes para a suspensión dos desafiuzamentos e lanzamentos de vivendas para persoas vulnerables sen alternativa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.